martes, 2 de diciembre de 2014
Autoavaliarnos
A semana pasada debido a que fixemos o exame escrito de saltos de atletismo, prodúxose unha situación que para os que estamos ao modelo de dar clase habitual resultounos extraño, pero non por eso menos efectivo, xa que tras facer o exame e ter un pouco de descanso, dispuxémonos a correxir cada un de nós o seu propio exame, e dirán algúns profesores, pero como se pode facer iso, os alumnos vanse calificar cunha nota superior á merecida, o certo é que ese risco existe, pero estamos ante alumnos responsables e que están neste ciclo para aprender e na miña humilde opinión, o de autoavaliarnos estivo moi ben, xa que na vida e sobre todo se aspiras a ser técnico deportivo, tes que aprender a evaluar e en quen vas mostrar máis enfase á hora de evaluar que en ti mesmo? A parte con este método os alumnos, é dicir nós, aprendemos moito mellor dos nosos erros. Así que a autoavaliarnos, un método novedoso e creo que moi efectivo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)