Por un lado están os Majors, que son o Masters de Augusta, que sempre e diputa no campo de Augusta National (Atlanta, EEUU), o cal fai que teña un encanto especial, despois está o Open Championship, que se disputa en Gran Bretaña, case sempre en Inglaterra ou Escocia, ten unha rotación de varios campos, cada ano se disputa nun, outro dos grandes é o PGA Championship que cada ano se escolle un campo en EEUU para que se dispute, é o torneo da asociación de xogadores estadounidenses, pero dispútano xogadores de todo o mundo e por último está o US Open ou Aberto dos EEUU, que leva aos xogadores ao máximo, xa que o campo está preprado nas condicións máis duras posible, feito polo cal ten moitos detractores. Despois están os campeonatos do mundo, que tamén son 4 torneos e anuais, dispútanse 3 en EEUU, son o Cadillac Champioship, O Bridgestone Invitational e o Cadillac Match Play Championship, que ten a peculiaridade de disputarse a eliminatorias, a partidos un contra un e por último está o WGC HSBC Champions, que se disputa na China, para estes torneos clasifícanse os mellores xogadores do mundo, algo que está rexido polo Worl Golf Ranking e por último, no capítulo de grandes torneos, destacaría a Ryder Cup, o que posiblemente sexa o torneo máis importante e máis famoso do golf a nivel mundial, é o segundo evento deportivo máis importante de mundo só por detrás dos xogos olímpicos, vese máis que o mundial de fútbol, algo que me sorprendeu moito.
Por último soamente destacarei os meus xogadores favoritos por orden de preferencia, farei un top 5:
Luke Donald

Miguel Ángel Jiménez

Sergio García

Rory Mcilroy

Tiger Woods

No hay comentarios:
Publicar un comentario