sábado, 25 de abril de 2015

Axudar na orientación

Este mércores fomos botar unha man no campeonato provincial escolar de orientación, o meu papel consistiu en darlle os papeis nos que tiñan que marcar ao centro que me correspondía, que neste caso foi ao Leiras Pulpeiro, o me antigo centro, ademais fun xunto con Sara, Rubén, David e Juanes dar unha volta polo recorrido par comprobae que os participantes non facían trampa, había algún que outro tamposo, pero decidimos non descalicalos. En fin, unha gran experiencia.

sábado, 11 de abril de 2015

Día de orientación

Todos sabemos que no módulo de actividades físicas individuais é obrigatorio cer unha proba de orientación, algo que pa a nosa clase é aínda máis fácil, xa que contamos cunha profesional da orientación na nosa clase, así que, como a unha primeira proba non ouidera ir debido ao calendario de fútbol, esperei a que houbera unha proba en Lugo e aló fomos ao monte segade David, Suso, Juanes e eu, que ao ser iniciación deixávannos que foramos xuntos, evidentementre puidemolo faer mellor, pero para os catro era a primeira vez que faciamos orientación, pero bueno, pasámolo moi ben e sen dúbida algunha volveriamos facer outra proba, o único problema, que non nos tocou ningún dos lacóns que sortreaban.



Aquí a foto do día na que saimos os catro que fomos facer a proba de orientación, xunt ca nosa compañeira Teresa, toda unha experta no mundo da orientación.