A continuación vou empregar estes dous vídeos para realizar unha análise comparativa da técnica de mariposa.
Amateurs
Michael Phelps
Imos seguir o segunite esquema para a comparación:
- Posición do corpo
- Acción dos brazos
- Acción das pernas
- Respiración
- Coordinación
1.Posición do corpo
Phelps e os rapaces amateurs fan un movemento ondulatorio ascendente e descendente compensando as accións negativas do recobro e tentando tamén manter o corpo horizontal.Phelps ten a capacidade de realizar a ondulación máis marcada, debido a súa gran flexibilidade nos ombros e no tronco e obtén unha ondulación fora do común.
A ondulación presenta dous movementos:
Cando levan cadeiras e pernas altas e tronco e cabeza somerxidos e cadeira e pernas somerxidas e cabeza e tronco altos.
A ondulación presenta dous movementos:
Cando levan cadeiras e pernas altas e tronco e cabeza somerxidos e cadeira e pernas somerxidas e cabeza e tronco altos.
2. Acción dos brazos:
- Entrada
- Os rapaces amateurs fan a entrada na liña fronte aos ombros, mentres que Phelps realizao cos brazos abertos
- Phelps fai a entrada cos cóbados aínda máis levantados ca os dous primeiros.
- Entran coas palmas das mans nun ángulo de aproximadamente 45º
- Movemento cara fora
- O rapaz do bañador negro vai cara fora estando moi preto da superficie, mentres que Phelps e o outro rapaz buscan profundidade cara adiante.
- O rapaz do bañador negro continúa o movemento cos cóbados baixos, mentres que os outros dous realizan o movemento cos cóbados altos.
- Movemento cara dentro
- Os tres nadadores flexionan os cóbados uns 90º coas mans practicamente xuntas por debaixo do abdome cos dedos cara dentro.
- Movemento cara fora e atrás
- Os tres nadadores moven os brazos practicamente paralelos por debaixo do abdome e vanse abrindo ao final deste para poder sacalos con cóbados altos durante o recobro.
- Recobro
- Xa que no video dos dous amateurs non se pode observar ben o recobro,só podemos dicir que o recobro de Phelps realízase cos cóbados e os ombros moi altos.
3. Acción das pernas
Comezamos cando as pernas están no seu punto máis alto, o nadador do bañador negro rompe a superficie cos pes mentres que Phelps e o rapaz do bañador azul non chegan a romper a superficie.
Cando as pernas están nesta posición, flexionando a cadeira deben descender os xeonllos, deixando os pes preto da superficie, tal e como fai Phelps, pero os outros dous flexionan pouco a cadeira.
A continuación, todos realizan unha extensión brusca, dando unha forte patada cos nocellos estirados.
Phelps, a continuación, eleva as pernas estiradas e a ritmo digamos medio, mentres que os nadadores amateurs realizan esta fase moi rápidamente e con flexión de xeonllos.
4. Respiración
Phelps respira en todos os ciclos, completamente distinto ao que fan os outros dous nadadores, os cales respiran cada dous ciclos.
A cabeza en todos os nadadores sae antes ca os brazos e vólvese a somerxer antes ca os mesmos.

5. Coordinación brazos-pernas
Os tres nadadores realizan o primeiro batido de pernas durante a entrada dos brazos na auga,pero
no segundo batido o nadador do bañador azul e Phelps realizan a segunda patada durante o movemento cara fora e atrás dos brazos, rematándoa xusto cando van comezar o recobro mentres que o nadador do bañador negro realízaa na fase cara dentro un pouco antes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario