A técnica de carreira
A técnica de carreira é un dos primeiros aspectos que estudamos e analizamos no módulo de actividades físicas individuais. Entre outras cousas aprendimos cales son os pasos na técnica de carreira, xunto con que ninguén corre igual, polo que a técnica de carreira é conveniente analizala e moitas veces tamén é necesario correxir algúns aspectos para mellorar esta técnica.
Os pasos da carreira son os seguintes:
Impacto. Trátase do momento no que o pe toma contacto co chan, é un dos momentos máis críticos porque o corredor impacta contra o chan e xera un impacto que o chan lle devolve ao corredor. Esta fase depende moito da velocidad á que se vaia, xa que a grandes velocidades os corredor soamente apoia a punta do pe, deixando o talón en alto, mentres que a velocidades baixas, normalmente o corredor apoia toda a planta do pe.
Amortiguación. nesta fase o apoio do pe vai pasando do talón ou desde a metade do pe, dependendo da velocidade como xa expliquei no apartado anterior, ata a zona das dedas pasando polo arco plantar.
Impulso ou despegue. É a última fase na que o pe está en contacto co chan, o apoio encóntrase por diante do noso centro de gravidade. na zona dianteira do pe, como ben di o seu nome, é o momento no cal nos impulsamos.
Voo. É a fase na que o pe está no aire, por un momento nada do noso corpo entra en contacto co chan, ata que o outro pé comeza pola fase de impacto e así volve empezar o ciclo.
Con distintos nomes, pero non encontrei outra imaxe, este sería un debuxo das distintas fases na carreira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario