Lanzamento de peso

Reglamento
- O peso
O artefacto será de ferro macizo, de latón ou de calquer outro material. Deberá ser esférico, de superficie lisa e das seguintes características:



Mulleres
Homes
Peso
4 kg
7'26 kg
Diámetro mínimo
95 mm
100 mm
Diámetro máximo
110 mm
130 mm

- A área de lanzamento





A área de lanzamento debe ser circular, de 2'14 m de diámetro e a superficie debe ser dun material non deslizante, preferiblemente de formigón, cun peralte (reborde de madeira curvo, de 101'6 mm de alto), na parte frontal do círculo.




Dentro da área de lanzamento tamén se inclúe a área de caída, que é un sector de 40º delimitado por dúas liñas de 5 cm de ancho, trazadas dende o chan e das cales a súa intersección está no centro do círculo.


Validez do lanzamento
- O competidor debe comezar o lanzamento a partir dunha posición estacionaria no círculo.
- O peso lanzarase partindo do ombro, pegado ao pescozo e cunha soa man.
- A man non pode descender da posición anterior durante todo o lanzamento, nin pode lñevarse cara atrás respecto ao plano dos ombros.
- O atleta non pode tocar o peralte que está na parte de adiante do círculo ou área de lanzamento.
- O atleta non pode sair da área de lanzamento antes de que a bola toque o chan e deberá sair pola metade anterior da área de lanzamento.
- O peso debe caer dentro da área formada polo ángulo de 40º, sendo medido o lanzamento dende o centro da área de lanzamento.

Nº de intentos
Cada competidor dispón de tres lanzamentos na chamada fase de clasificación, posteriormente os oito mellores dispoñen de tres lanzamentos máis, chamados a mellora.

A técnica
Existen dúas maneiras diferentes de realizar o lanzamento de peso, o lanzamento rectilíneo e lanzamento en rotación, a continuación procederei a explicar en que consiste cada unha das diferentes técnicas e as fases nas que se dividen.

O lanzamento en translación:
Tamén coñecido como técnica O'Brian, divide a súa técnica en tres fases diferentes: preparación, desplazamento e final.

Preparación:
O lanzador sitúase de espaldas á dirección do lanzamento, o peso do corpo sobre a perna dereita, co pe dereito sobre o diámetro do eixe de lanzamento, a perna esquerda flexionada co pe esquerdo a uns 30 cm do dereito e apoiado sobre a punta, para conseguir un maior equilibrio. O peso na man dereita sostido polos dedos e parte da palma da man, apoiado no cuello e na mandíbula e co codo en oposición ao peso, pódese agarrar con todos os dedos unidos, co dedo pulgar separado ou co pulgar e o meñique separados.
O atleta bascula cara adiante o corpo, contrarrestando a posición avanzada do corpo ca elevación da perna esquerda por detrás.





A perna esquerda recóllese ao mesmo tempo que a dereita se flexiona apoiando o pe dereito totalmente, o tronco flexiónase sobre o muslo da perna dereita.



Desprazamento:
A cadeira comeza a desequilibrarse cara atrás con extensión rápida da perna dereita, ao mesmo tempo a perna esquerda esténdese cara atrás en dirección á zona de caída dando unha patada a modo de coz moi forte.
Débese evitar en todo momento o salto e realizar un desprazamento o máis rápido e raso posible.
Os ombros permanecen en perpendicular á liña de lanzamento, a chegada dos pes ao chan que é case simultánea debe ser o máis rápida posible, o pe dereito chega máis ou menos ao centro do círculo e o pe esquerdo ata case o borde do contenedor, o peso do corpo recae sobre a perna dereita e a esquerda está apoiada aínda que permanece parada






Final
Normalmente realízase co cambio de apoio, que se resume nos puntos 15, 16 e 17 da seguinte imaxe.








Lanzamento en rotación.

Preparación
Os lanzadores colocan as pernas como en lanzamento de disco
Xiro
Cun explosivo pero medido xiro sobre si mesmo, concentran toda a súa potencia en brazos e pernas.
Empuxe
Deben terminar o xiro perfectamente enfrontados a táboa, sen pisala, xa que senon corren o risco de que o lanzamento salga cara fora da zona de caída.
Final
Tralo xiro efectúase o dobre apoio ao igual que na técnica O'Brian, a partir de aí a técnica é totalmente igual que na técnica O'Brian, a única diferenza é que na técnica de rotación, non se remata cun intercambio de pernas, senón que a perna máis adiantada segue sendo a esquerda.







Bibliografía




Experiencia persoal no peso



Non puiden conseguir ningunha imaxe na que se me vexa lanzando o peso, a única imaxe que conseguín foi esta na que estou no podium, xa que ese día nunhas pista na cidade da Coruña proclameime subcampión galego alevín de lanzamento de peso, deste día recordo que cunha bola de 4 kg (a reglamentaria en alevín masculino), conseguín lanzar unha distancia de 9'56 m. Desta época da miña vida recordo que eu a penas entrenaba esta disciplina, xa que ao que realmente me dedicaba era ao fútbol e ao futsal, o único que me ensinaran fora a técnica O'Brian e nada máis, o demais era o que saía de min. remato así o artigo, porque me parece a mellor maneira de todas.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario