Pode que para algúns non sexa máis que un home prepotente co mundo do baloncesto aos seus oes na actualidade, pero para min é moito máis que eso, posto que é un modelo a seguir en canto a moitos aspectos, xa que agora pode parecer que a LeBron todo lle caeu do ceo, pero non, o único que lle caeu do ceo non é máis nin menos que un físico imponente e privilexiado.
LeBron naceu nunha pequena vila a 50 km de Cleveland chamada Akron, non tivo unha infancia fácil, xa que durante os seus 7 primeiros anos de vida chegou a cambiarse 7 veces de casa, a todo eso hai que unirlle que nunca coñeceu a seu pai, feito do cal fai pouco dixo que non se arrepentía, xa que súa nai actuara tanto de nai coma de pai e a ela lle agradece todo o que é na súa vida. Pero metámonos no que realmente interesa nun artículo do módulo de Actividades Físicas Individuais, no tema deportivo, LeBron comezou como moitos estadounidenses de raza negra xogando ao baloncesto nas ruas, posteriormente xogaría co equipo do seu instituto o St. Vicents St. Mary High School, o cal competía na última división a nivel estatal, pero ca chegada de LeBron, xunto con outros rapaces, pero sobre todo LeBron, consegui levar a este humilde instituto a primeira división estadounidense, feito que conseguirían no cuarto ano e último ano, tralo que con moita polémica LeBron en vez de pasar pola universidade, da o salto á NBA e digo con polémica porque si, LeBron James xa era coñecido a nivel case que mundial polas moitas cousas que facía, evidentemente estaba preparado para xogar na NBA, pero había un problema, LeBron xa tiña contrato publicitario cunha marca, feito prohibido antes de ingresar na NBA polo que foi sancionado algún partido. Pero isto case que lle deu igual a LeBron porque conseguiu ser número un do draft e ademais escollido polo equipo do seu estado, polos Cleveland Cavaliers, tralo primeiro ano foi nomeado como mellor novato do ano na NBA e levou ao seu equipo a conseguir moitas máis victorias que na tempada anterior. En Cleveland xogou 7 anos, sempre con equipos mediocres para conseguir obter o título da NBA, aínda así consegui levar ao seu equipo a unha final da NBA no ano 2007 tras unhas actuacións sobrenaturais que só lograra o gran Michael Jordan nas semifinais da NBA, aínda así, no ano 2010 e tras conseguir dous premios como mellor xogador da NBA e nominacións para xogar no All-Star todos os anos menos un, LeBron decide emigrar de cidade e firmar polos Miami Heat, equipo no cal milita durante 4 anos e no cal xoga 4 finais da NBAS, das cales gaña 2 e é nomeado MVP, tamén logra 2 premios como mellor xogador da tempada na NBA xunto con moitos máis logros. Entón aquí surxe un problema, LeBron ten a opción de saírse do seu contrato cos Heat e executa esa opción, o motivo, facer campeón da NBA ao equipo do seu corazón, aos Cleveland Cavaliers e aquí estamos actualmente, á espera de ver o que consigue facer o mellor xogador de baloncesto do mundo cunequipo con moi boa pinta e que espera facer campión, o camiño non é fácil, pero se alguén pode conseguilo é LeBron James, un modelo a seguir en canto á actitude de traballo, sempre ambicioso, sempre disposto a mellorar e a pesar de ter esa actitude chulesca que lle costa ter moitos detractores, el sigue fiel a si mesmo e ao seu método de traballo, que non é outro que dar cada día o 100% das súas posibilidades e por esto todo que acabo de contar, LeBron James é o meu ídolo, un home que a pesar de ser odiado, de ter ao mundo moitas veces na súa contra debido á súa superioridade física sobretodo, pero que co paso do tempo se demostrou que tamén é superioridade mental e técnica, por eso este home é o meu ídolo.
Por favor, non deixedes de escoitar os comentarios do vídeo, están en inglés, pero poderedes entender de que van moitas das canastas que a pesar de non ser de tanta espectacularidade, si que tiveron unha importancia vital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario