A continuación falarei un pouco do salto de lonxitude pero sen meterme moito en fundamentos técnicos, posto que para eso considero que necesitarei experimentar por min mesmo o salto de lonxitude, xa que a pesar de ter visto miles e miles de vídeos de saltos de lonxitude ao longo da miña vida, non podería facelo todo o ben que eu quixera. O foso de area ao cal caen os atletas tras facer o salto está colocado na parte interior das pistas, como se pode observar na imaxe.

A pista de aceleración ten sobre uns 45 metros, aínda que os atletas non utilizarán expresamente os 45 metros, xa que cada un utilizará a distancia suficiente para facer unha carreira de aceleración e chegar case que á súa máxima velocidade ao talonamento, que así é como se coñece o momento no cal o atleta se impulsa cunha soa perna. Na imaxe seguinte pode observarse como é a pista de aceleración e o foso, o cal está cheo de area e ten unhas medidas de 3 metros de ancho e 10 de largo.

Procedemento do salto:
-O salto cosiderarase nulo se:
a) Preme na parte azul da táboa de batida da imaxe anterior.
b) Irse fóra do foso
c) Realizar unha voltereta
d) Toca o chan fóra da área de aterraxe, deixando unha marca máis próxima da liña despegue que a que deixou no foso
e) Camiñar de espaldas na zona de aterraxe
c) Realizar unha voltereta
d) Toca o chan fóra da área de aterraxe, deixando unha marca máis próxima da liña despegue que a que deixou no foso
e) Camiñar de espaldas na zona de aterraxe
A medida está feita a partir da táboa de batida ata a zona máis próxima de aterraxe do corpo no foso
Cada saltador realizadas tres saltos clasificación.
Declarado gañador quen fica co salto máis longo. Se ocorre un empate, a segunda mellor marca determina a vitoria.
Cando ten máis de oito competidores, cada un terá dereito a tres intentos e os 8 mellores tralos tres saltos, terán outras tres tentativas de mellora.
O tempo dispoñible para facer intentos é de 1 minuto e 2 minutos en fases finais da competición.
O salto de Bob Beamon
Evidentemente eu non recordo o salto de Bob Beamon, posto que en 1968 eu aínda non nacera, pero téñoo visto miles de veces por televisión ou en internet como pasou hoxe, velo deume unha idea, porque non falar un pouco polo miúdo do que para a historia do atletismo significou ese salto. Para empezar direi que nos xogos olímpicos de México, batíronse grandes marcas posto que se disputaban a unha altura moito maior da normal, feito que favorece que o rendemento dos atletas sexa mellor, pero é que o dese salto foi moi épico, xa que tiveron que sacar a cinta métrica para medir o salto, xa que o medio utilizado naqueles tempos non tiña magnitude suficiente como para medir o salto, ademais para engadirlle máis épica ao momento, o propio saltador non soupo o que saltara ata uns momentos máis tarde, xa que ao ser estadounidense non tiña coñecemento do sistema mátrico que utilizan en México, que é o mesmo que utilizamos nós actualmente. O salto foi de 8'90 metros, récord mundial por moita distancia e por moito tempo, concretamente 22 anos, 10 meses e 22 días, ata que Mike Powell conseguiu saltar 8'95 metros. O salto de Bob é sen dúbida un dos momentos que fai grande o deporte e se se me permite unha breve opinión persoal, momentos coma ese son os que fan grande o deporte, deporte que cada vez está máis mediatizado e cada vez máis perfeccionado, pero aínda así está moi devaluado debido ao gran negocio que moitos queren facer a raiz do deporte e que na actualidade empaña momentos coma este, nos cales o atleta que consigue a marca debe ser o verdadeiro protagonista, pero nos cales actualmente se busca sacar negocio.