
miércoles, 19 de noviembre de 2014
O paso do listón na pértiga
Na pértiga tralas fases de carreira, batida e enrrollamento e anterior á fase de caída, está a fase do paso do listón. Esta pode que sexa senón a fase máis complicada, unha das máis complicadas, comeza co aproveitamento de que a pértiga está totalmente estirada, as cadeiras e os pes elévanse cara arriba facendo impulso cas mans contra a pértiga, tralo impulso o saltador comeza a fase do xiro por riba do listón, pasando a estar sen ningún apoio, o saltador está no aire. Posteriormente as pernas deixanse levar cara a vertical extendidas e xuntas, finalizando cunha posición coñecida como posición de gamba, xa que recorda a este animal, por último elévanse os brazos e prepárase a caída que é desde bastante altura.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario