lunes, 3 de noviembre de 2014
O rugbi tag
Xa sei que este deporte foi visto xa fai uns días nas clases, pero apetecíame neste momento pararme un pouco a falar del. Paréceme unha moi boa adaptación do rugbi a situación de moitos dos centros de ensinanza, xa que o rugbi tag ao carecer de placaxes, evítase que os practicantes caia ao chan e se poidan mancar nunha superficie de cemento, outros dos grandes aspectos deste deporte é que grazas a el moitos alumnos poden aprender o fácil que é se xoga en equipo, xa que un alumno que ten unhas grandes capacidades físicas en comparación cos demais pode pensar que vai ser moi fácil que o seu equipo gañe, pero como neste deporte non se pode placar e con simplemente sacarlle unha das dúas cintas que leva na cintura xa consigues cortar a súa carreira, este alumno non pode "abusar" tanto, xa que de ser o rugbi normal e ser superior fisicamente aos seus rivais collería o balón e non o soltaría e así polo menos pode aprender a xogar en equipo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario