sábado, 11 de abril de 2015

Día de orientación

Todos sabemos que no módulo de actividades físicas individuais é obrigatorio cer unha proba de orientación, algo que pa a nosa clase é aínda máis fácil, xa que contamos cunha profesional da orientación na nosa clase, así que, como a unha primeira proba non ouidera ir debido ao calendario de fútbol, esperei a que houbera unha proba en Lugo e aló fomos ao monte segade David, Suso, Juanes e eu, que ao ser iniciación deixávannos que foramos xuntos, evidentementre puidemolo faer mellor, pero para os catro era a primeira vez que faciamos orientación, pero bueno, pasámolo moi ben e sen dúbida algunha volveriamos facer outra proba, o único problema, que non nos tocou ningún dos lacóns que sortreaban.



Aquí a foto do día na que saimos os catro que fomos facer a proba de orientación, xunt ca nosa compañeira Teresa, toda unha experta no mundo da orientación.

jueves, 22 de enero de 2015

Concurso de peso

O venres da semana pasada puidemos gozar os "profesores" de peso da experiencia de realizar un concurso digamos atípico de lanzamento de peso, o cal consistiu en dous lanzamentos por persoa ca bóla qu quixeramos, xa qu daba igual o peso do artefacto, pois o concurso consistía en facer o mellor posible a técnica do lanzamento. Ata aquí o papel dos profesores, pola súa parte os teóricos alumnos, tiñan que avaliar e puntuar do 1 ao 4 segundo o ben que fixera a técnica o profesor, eso si, non podían puntuar o lanzamento do seu profesor. Así que, unha experiencia nova e moi divertida cal puidemos aprendder tanto alumnos como profesores.

martes, 2 de diciembre de 2014

Autoavaliarnos

A semana pasada debido a que fixemos o exame escrito de saltos de atletismo, prodúxose unha situación que para os que estamos ao modelo de dar clase habitual resultounos extraño, pero non por eso menos efectivo, xa que tras facer o exame e ter un pouco de descanso, dispuxémonos a correxir cada un de nós o seu propio exame, e dirán algúns profesores, pero como se pode facer iso, os alumnos vanse calificar cunha nota superior á merecida, o certo é que ese risco existe, pero estamos ante alumnos responsables e que están neste ciclo para aprender e na miña humilde opinión, o de autoavaliarnos estivo moi ben, xa que na vida e sobre todo se aspiras a ser técnico deportivo, tes que aprender a evaluar e en quen vas mostrar máis enfase á hora de evaluar que en ti mesmo? A parte con este método os alumnos, é dicir nós, aprendemos moito mellor dos nosos erros. Así que a autoavaliarnos, un método novedoso e creo que moi efectivo.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

O paso do listón na pértiga

Na pértiga tralas fases de carreira, batida e enrrollamento e anterior á fase de caída, está a fase do paso do listón. Esta pode que sexa senón a fase máis complicada, unha das máis complicadas, comeza co aproveitamento de que a pértiga está totalmente estirada, as cadeiras e os pes elévanse cara arriba facendo impulso cas mans contra a pértiga, tralo impulso o saltador comeza a fase do xiro por riba do listón, pasando a estar sen ningún apoio, o saltador está no aire. Posteriormente as pernas deixanse levar cara a vertical extendidas e xuntas, finalizando cunha posición coñecida como posición de gamba, xa que recorda a este animal, por último elévanse os brazos e prepárase a caída que é desde bastante altura.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Mellores triplistas da historia

Como na clase xa rematamos de ver a técnica de triplo salto e porque non decilo, pareceume unha proba atlética moi complicada, quixen facer unha entrada sobre ela, pero non quería facer a típica entrada na cal vas falas sobre a técnica, entón estiven vendo vídeos e vin un que me apasionou e que debín ver unhas 10 veces, en principio fíxeno para ver a técnica dos saltadores, pero despois díxenme, porque non facer unha entrada sobre este vídeo? Non estará nada mal, así que aí vai o vídeo.



Posición del cuerpo en la mariposa

Se pueden diferenciar tres posiciones que el cuerpo adopta en la mariposa:
 
    - El cuerpo del nadador debería estar lo más nivelado posible durante las fases más propulsoras de la brazada. Estas fases son el barrido hacia adentro y el barrido ascendente ya explicadas en la técnica de brazos. Esto se consigue llevando las piernas hacia arriba durante el barrido hacia adentro y procurando que la patada que se realiza durante el barrido ascendente no sea demasiado profunda.

    - Las caderas deberían desplazarse hacia arriba y hacia adelante a través de la superficie durante el primer batido descendente. Si las caderas sólo suben hacia la superficie, la patada no habrá sido lo suficientemente propulsora ni habrá cumplido la función de colocar el cuerpo en una posición hidrodinámica.

    -  La potencia de la segunda patada no debería ser tan importante que empujara las caderas del nadador sobre la superficie. Esto afectaría al recobro de los brazos. Los movimientos ascendentes y descendentes del cuerpo del nadador no deberían ser exagerados. Una ondulación excesiva incrementa el espacio que los nadadores ocupan en el agua y por consiguiente, la resistencia del agua al movimiento hacia adelante.

En la mariposa el cuerpo debe tener un cimbreo, que es adecuado cuando:
 
    -  La cabeza baja sólo por debajo de los brazos en el momento en que las manos entran en el agua.

    - Las caderas se elevan justo lo necesario para romper la superficie durante el primer batido descendente de las piernas.

    - Las caderas y las piernas no están colocadas a demasiada profundidad al completar el batido descendente en la segunda patada.



    


lunes, 3 de noviembre de 2014

O rugbi tag

Xa sei que este deporte foi visto xa fai uns días nas clases, pero apetecíame neste momento pararme un pouco a falar del. Paréceme unha moi boa adaptación do rugbi a situación de moitos dos centros de ensinanza, xa que o rugbi tag ao carecer de placaxes, evítase que os practicantes caia ao chan e se poidan mancar nunha superficie de cemento, outros dos grandes aspectos deste deporte é que grazas a el moitos alumnos poden aprender o fácil que é se xoga en equipo, xa que un alumno que ten unhas grandes capacidades físicas en comparación cos demais pode pensar que vai ser moi fácil que o seu equipo gañe, pero como neste deporte non se pode placar e con simplemente sacarlle unha das dúas cintas que leva na cintura xa consigues cortar a súa carreira, este alumno non pode "abusar" tanto, xa que de ser o rugbi normal e ser superior fisicamente aos seus rivais collería o balón e non o soltaría e así polo menos pode aprender a xogar en equipo.